top of page

Quen somos nós

Somos Jessica Méndez e Cruz Negreira, dúas xornalistas que vimos a necesidade de recuperar as lendas da nosa tradición oral para transmitirllas aos máis cativos da casa. Meniñeiros nace cun claro obxectivo de divulgación da cultura galega, como unha ponte que quere unir os contos de vello coas novas canles que empregan a cotío os nosos pequenos lectores. 

Meniñeiros xorde coma un proxecto de Fin de Grao que seguirá medrando alén da nosa carreira universitaria. É a nosa particular ventá que agora abrimos cara un futuro profesional que comezamos a inventar. 

 

bottom of page