top of page

Que é meniñeiros?

Meniñeiros é unha antoloxía sobre os seres fantásticos do imaxinario galego en formato de libro electrónico. Dirixido a un público infantil de entre 6 e 8 anos, o obxectivo é achegar aos nenos e nenas as lendas da nosa tradición oral e favorecer a súa transmisión cultural. 

 

Meniñeiros é unha colección de cinco capítulos con cadanseu personaxe protagonista: o trasno, o nubeiro, a coca, a meiga e a serpe. Son libros que introducen elementos multimedia e interactivos e que combinan os xogos e actividades cun conto onde os lectores poden escoller o seu propio itinerario narrativo. Trátase de favorecer a conxunción  das novas tecnoloxías e a tradición cultural para crear un espazo onde os máis pequenos poidan divertirse mentres coñecen aos nosos seres fantásticos. 

 

bottom of page